Acércase o Día de Rosalía, e para coñecer máis sobre ela, deixamos aquí material para traballar nas aulas. Premede nas imaxes e atoparedes distintas actividades:
Visita virtual á Casa de Rosalía |
Ola familias!
Déixovos aquí un enlace ao catálogo dos libros que temos expostos na entrada do cole para as familias e que podedes pedir en empréstito no correo: bibliomacin@gmail.com. Unha vez recibido o correo volo mandaríamos a casa por medio dos vosos fillos e fillas.
Premede na foto e botádelle un ollo!
O alumnado da materia de Proxecto competencial de 1º EP están traballando nun proxecto chamado: “O que non se nomea non existe”. Nel están aprendendo un montón de cousas sobre diferentes mulleres da nosa historia que logo comparten con nós a través dun vídeo. Aquí podedes ver o que fixeron sobre Marie Curie:
O martes 19 a ANPA do cole nos ofreceu o espectáculo: Tolo conto de Nadal de Duende Sico. Como nos gustou!!
O 14 de decembro tivemos a sorte que nos visitou Cristina, a nai dunha alumna de 5º EI, para contarnos uns contos. No 1º recreo contounos: Las cuatro estaciones en un día e no 2º recreo: Don Ferretín Ferretón e o seu cadelo lambón. Que ben o pasamos!!
Ao longo deste trimestre continuamos co apadriñamento lector do curso pasado. Este ano incorporouse o alumnado de 3º EP que xunto cos compañeiros e compañeiras de 4º, 5º e 6º EP van todas as semanas a lerlles contos ao alumnado de Infantil e 1º EP. Aquí podedes ver algunhas fotos:
A semana do 20 de novembro polo Mes da ciencia en galego o alumnado voluntario de 5º e 6º EP realizaron experimentos no recreo para os seus compañeiros e compañeiras máis pequenos. Como lles gustou!!!